Friday 03 de May de 2024

Alternativa de Cambre pregunta polo Centro de día


Durante estes 4 anos, tense falado desta instalación tan necesaria para a veciñanza cambresa pero os avances e novidades ó respecto son nulas. Nada se sabe desde a última vez que se preguntou por este tema, un anuncio sen máis. Un silencio nun asunto de vital importancia para os maiores.

Alternativa de Cambre insta ao Goberno municipal a que se pronuncie para saber en que fase está a promesa feita. Cal é a previsión de datas, orzamentos, colaboracións con outras administracións?
Alternativa estará vixiante e seguirá a esixir o cumprimento desta demanda. En caso de acadar o Goberno tras as eleccións municipais, será unha prioridade para Alternativa dos Veciños.